Unha xoven pintora de Touro como exemplo para conmemorar o Día da Loita contra a Violencia de Xénero

Fonte Díaz. 23 de novembro do 2018. O departamento de Servizos Sociais do Concello de Touro impulsou e promoveu unha charla dunha xoven artista do propio Concello para conmemorar o Día da Loita contra a Violencia de Xénero, que se celebra en todo o mundo o próximo domingo, día 25 de novembro. Sara Naveiro Mirás, unha xoven promesa do mundo das artes, falou ás mulleres de Touro na sede do Concello. A artista trasladou as súas inquedanzas e tamén comentou a súa inspiración na natureza para plasmar no cadros dominados por vivos e alegres cores. A pintora Sara Naveiro Mirás exporá a súas obras, un total de trece, na Casa da Cultura de Touro a partir do próximo día 16 de decembro.

Todos os anos o departamento municipal de Servicios Sociais organiza actos que sirven para lembrar a relevancia do Día da Loita contra a Violencia de Xénero, ainda que tamén destaca que nos 365 días do ano ten que estar presente esa loita que non ten tregua. “Nos meus cadros trato como muller de expresar a miña propia libertade de crear”, destaca Sara Naviero Mirás, quen indica que unn dos seu primeiros cadros leva a nome de matriz “como símbolo de inicio de vida”. “Quero reivindicar o meu espazo como muller, denunciando a violencia e defendendo o amor e a libertade”, apuntou Sara Naveiro ás mulleres que asistiron a súa charla. “A natureza simboliza para mín a vida e a libertade de expresión como muller”.