Veciños e veciñas de Touro visitan a Costa da Morte

Un grupo de veciños e veciñas do Concello de Touro visitaron o pasado sábado, 28 de xullo, a Costa da Morte. Os excusionistas saíron cedo do Concello en autobús e coñeceron a localidade de Fisterra. Alí visitaron o famoso faro. A comida estivo programada en Cee e pola tarde achegáronse ao Ézaro, onde visitaron a súa xa famosa Cascada. Posteriormente visitaron o hórreo de Carnota e tamén coñeceron Muros. Xa á tardiña regresaron a Touro despois de disfrutar dunha intensa xornada turística.