O loitador de Touro, Damían Iglesias, subcampión do prestixioso Torneo Internacional de Loitas Olímpicas de Tallín (Estonia)

Damián Iglesias (Club de Loita Touro), e que actualmente está becado e adestrando no CTD Illes Balears, de Palma de Mallorca, firmou a mellor actuación dos deportistas desprazados a Tallín (Estonia), para participar no torneo internacional celebrado este pasado sábado 7 de Abril.

Damián Iglesias, viaxou grazas a colaboración da Federación Balear de Loitas Olímpicas, co combinado de deportistas do grupo de rendemento que adestran as ordes de Eusebio Capell e Vicente Lillo. Este gran resultado, da un novo pulo o deportista de Loxo (Touro), de cara as vindeiras citas internacionais. A Olimpiada de Tokio 2020 está no seu punto de mira.