Os afeccionados á fotografía xa ponden enviar os seus trabalos ao XII Concurso de Fotografía ‘Touro en Imaxes’, que organiza el Concello de Touro

Fonte Díaz. 30/08/2017. Os afeccionados e amantes da fotografía teñen de prazo ata o 3 de novembro para presentarse ao XII Concurso de Fotografía ‘Touro en Imaxes’, organizado polo Concello de Touro. O 3 de novembro remata o prazo para presentarse a un concurso que cumpre 12 anos. Está aberto dende o pasado 17 de xullo, A cita para os afeccionados á fotografía consta de tres apartados na categoría de adultos (maiores de 18 anos): Premio Especial Touro Natureza, Premio Especial Touro Patrimonio Histórico-Cultural e Tema Libre. Cada apartado está dotado cun premio de 300 euros. Pola súa banda, a categoría xuvenil (entre 12 e 18 anos) conta co Premio Natureza e o Premio Patrimonio Histórico-Cultural. Nos dous casos o premio será unha cámara de acción deportiva.

O Concello de Touro pretende cada ano, e con este xa son doce, con este concurso “contribuir á creación artística, fomentar a divulgación da fotografía e promocionar os recursos naturais e histórico-culturais do municipio”. Poderán participar todas as persoas físicas que cumplan o establecido nas bases. Cada autor ou autora poderá presentar un máximo de catro obras, que deberán ser orixinais, recentes e inéditas. As fotografías realizaránse en branco e negro ou cor.

O propio Concello de Touro exporá as fotografías gañadoras e tamén as dos demáis participantes. O público asistente á exposición de fotografías tamén poderá emitir o seu parecer ao respecto a través dunha votación popular, no propio espazo expositivo ou a través das redes sociais do Concello de Touro. A fotografía que reciba o maior número de votos, nos dez primeiros días, será reproducida na portada do calendario anual do Concello ou no Anuario municipal. Os traballos pasarán a formar parte dun aquivo creado para uso municipal. Os interesados en presentarse no concurso poden consultar as condicións da convocatoria en www.concellodetouro.com.

Os profesionais e afeccionados que participen poderán presentar os seus traballos no rexistro do Concello ou enviando as obras por correo certificado nun sobre pechado ao siguiente enderezo: XII Concurso de Fotografía Touro en Imaxes. Concello de Touro. Rúa Isabel II, 26. Fonte Díaz. 15822. Touro. A Coruña.

Fotografía: Premio Tema Libre 2016. A bubela. Autora: Ana García Turnes.