CONTRATACIÓN TÉCNICO/TÉCNICA PARA A ATENCIÓN DO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DO RÍO ULLA

 

Por acordo da Xunta de Goberno Local  do 16.01.2023 aprobáronse as bases para a selección dun/dunha técnico/a, na modalidade de contratación temporal por circunstancias da produción, a xornada completa, para a atención do Centro de Interpretación do Río Ulla ata o 30 de abril de  2023.

Durante  o prazo de 5 días hábiles ao seguinte ao da publicación deste anuncio no diario El Correo Gallego os interesados poderán presentar as súas solicitudes.