A Banda de Música Isabel II de Touro, protagonista do Festival de Nadal de Touro

 

Fonte Díaz. 20/12/2021. A Banda de Música Isabel II de Touro foi a protagonista do Festival de Nadal de Touro, que se celebrou o pasado sábado, 18 de decembro de 2021, no CPI Fonte Díaz de Touro. O festival contou con audicións, esembles instrumentais e con interpretacións da Banda Xuvenil e da Banda de Música Isabel II de Touro, que seleccionaron un repertorio para estas festas de Nadal. Os organizadores, tanto o Concello de Touro como a Banda de Música Isabel II de Touro, desexan unhas Felices Festas e un próspero ano 2022.