Touro arranxa os parques infantís

16/07/2021. O Concello de Touro está acondicionando durante os meses de bo tempo os parques infantís ubicados no municipio. Concretamente arranxou o parque infantil ubicado ao lado da piscina municipal, na área de servicios do Concello, onde tamén están as pistas de xogo e a Casa de Cultura. O parque infantil conta con novos columpios, tobogán e balancín. Un equipo de traballadores do Concello de Touro adícase á posta a punto das instalacións de lecer para que veciños e veciñas, grandes e pequenos, poidan utilizalas durante o tempo de verán. Os traballadores municipais seguirán desenvolvendo o arranxo destes e outros espacios durante os próximos meses. O Concello de Touro pretende así poñer ao día as instalacións que son utilizadas pola veciñanza.