Programa de Salvamento e Socorrismo Acuático

A Deputación da Coruña, ten previsto no marco do Plan de Emprego Local, a impartición dos seguintes certificados de profesionalidade no Programa de Salvamento e Socorrismo Acuático:


. AFDP0209 SOCORRISMO EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS_420 horas (340 formación teórica e 80 formación práctica)
. AFDP0109 SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS ACUÁTICAS_210 horas (130 formación teórica e 80 formación práctica)


A formación teórico-práctica realizarase no Centro de Formación de Cruz Vermella na cidade de A Coruña e as prácticas profesionais non laborais, en praias de concellos da provincia.


Se che interesa inscríbete no Concello de Touro.


O prazo de inscrición será ata o xoves 4 de febreiro de 2021