O Concello distribuíu máscaras cirúrxicas e xel hidroalcohólico hixienizante entre os veciños e as veciñas

O Concello distribuíu nos últimos días cinco máscaras cirúrxicas a cada veciño e veciña empadroado/a en Touro e un dosificador de 500 ml de xel hidroalcohólico hixienizante por vivenda, facilitando así entre a poboación do municipio os medios de protección para a loita contra a COVID-19.

O goberno local lembra de novo seguir as recomendacións das autoridades sanitarias para afastar o coronavirus das nosas vidas e destaca a necesidade de cumprir as 3 M: Máscara de protección, lavado e desinfección de Mans e dous Metros de distancia entre persoas.

Se algún empadroado/a non as recibiu pódese poñer en contacto no propio concello ou no teléfono 981 50 40 29

Attachments:
Download this file (XEL HIDROALCOL.pdf)XEL HIDROALCOL.pdf[ ]4213 kB