Presentación Galeuropa 2019

Boqueixón acolleu o pasado mércores o encontro entre mozos e mozas que participan no programa Galeuropa 2019.

O grupo de Concellos do Val do Ulla (Boqueixón, Touro, Vedra e Vila de Cruces) participa no programa Galeuropa con catorce mozos e mozas de entre 18 e 29 anos. Durante tres meses, oito van efectuar prácticas non laborais en entidades e empresas de Malta, outros tres en Italia e oito en Irlanda.

Á xuntanza acudiu a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel que destacou a importancia desta experiencia para ampliar os seus coñecementos, aprender o idioma do país de destino e mellorar así as oportunidades laborais cando regresen a Galicia.

A Xunta financia con 105.000 euros o proxecto conxunto dos catro Concellos, que servirá para que as persoas que participan completen a súa formación no estranxeiro e melloren as súas oportunidades laborais. En edicións anteriores do programa, o desemprego do colectivo baixou do 70% antes das prácticas ao 23% tras rematalas.