O Concello de Touro completa a renovación de beirarrúas na Goleta, parroquia de Loxo, para mellorar a seguridade viaria

O Concello de Touro está renovando as beirarrúas na localidade da Golega, na parroquia de Loxo, no trazado sobre a estrada AC-240.

Os traballos, inicados fai unhas semanas e que continúan estos días, construirán 215 metros de beirarrúas de máis de dous metros de ancho, con bordo de formigón prefabricado e baldosa de formigón vibrado.

Previamente tense demolido, nivelado e compactado o pavimento existente. Este proxecto, incluido no Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación da Coruña, conta cun presuposto de casi 33.000 euros. É executado pola empresa Oviga.

As obras de arranxo de beirarrúas, que tamén reflexa a execución de sete pozos con sumidoiro para a adaptación da rede de pluviais xa existentes, permitirán mellorar a seguridade viaria nesta zona, pola que pasa a vía AC-240. 

 

 6302efbd-3832-4d4c-adab-1f46e324a621.JPG