A rapazada de Touro xa está de volta despois de desfrutar unha semana en Ribadeo dos Campamentos de Verán 2021

Fonte Díaz. 06/09/2021. Un grupo de 15 rapaces e rapazas do Concello de Touro, dos oito aos 15 anos, xa está de volta despois de desfrutar unha semana dos Campamentos de Verán 2021. Chegaron aos seus domilicios este fin de semana. O Campamento de Verán, que tivo lugar no Campamento Xuvenil A Devesa, en Ribadeo, desenvólveuse do 26 de agosto ata o 4 de setembro. Durante estes días os rapaces e rapazas de Touro desfrutaron casi todas as mañás das praias de Arealonga e As Catedrais. Ademáis participaron en variadas actividades e xogos. Iria, a reponsable dos monitores que acompañaron á rapazada, destaca que foron uns días de vacacións moi aproveitados. “O bo tempo desde última semana permitiu que poideramos aproveitar ás mañás nas fermosas praias do Concello de Ribadeo máis próximas das instalacións onde estábamos”. Tamén agradece o trato prestado polo persoal do Campamento ubicado na parroquia da Devesa, no Concello de Ribadeo. “Eles fixéron que a nosa estancia fora estupenda”, destaca Iria.