Touro acolle o día 5 a súa Feira de Reis e o Festival de Reis, que contará coa presenza das súas maxestades de Oriente

Fonte Díaz. 02/01/2019. O próximo sábado, día 5 de xaneiro, como todos os días 5 de cada mes, celébrase en Touro a feira popular e tamén o Festival de Reis. O  día 5 de xaneiro celébrase nas rúas de Fonte Díaz a feira de Reis, que homenaxea a chegada das Súas Maxestades de Oriente.

O Concello de Touro tamén vivirá o próximo sábado, día 5 de xaneiro, o seu Festival de Reis, coa Cabalgata visitando durante toda a mañán todas as parroquias do municipio. O Festival de Reis terá lugar pola tarde no Pavillón Polideportivo Municipal, onde está instalado o Belén Vivinte. No Belén Vivinte, que ocupa case toda a pista de deportes do pavillón, participarán os máis pequenos que asumirán os papeis propios do Belén. O Concello de Touro convida aos seus veciños a participar de figurantes.

Está previsto que o día 5 de xaneiro ás 16.30 horas as súas Maxestades de Oriente saian da ‘Residencia Os Tercios’ acompañados pola Banda de Musica Isabel II de Touro e a súa Banda Xuvenil, que tamén interpretarán varios temas durante o Festival de Reis. Os Reis Magos chegarán ao Belén Viviente ás 17.00 horas. Alí farán a ofrenda ao Neno Xesús, papel que asumirá un pequeniño de poucos meses do Concello de Touro. Sobre ás 17.30 horas comenzarán as actuacións musicais. O Festival de Reis rematará coa entrega de agasallos por parte das súas Maxestades de Oriente. Haberá chocolatada e churros. E xa entrada a noite os nenos e nenas marcharán para a súas casas para esperar a que esa noite os Reis de Oriente deixen moitos regalos e bos augurios para todos.