Iriña Bailarina 25 de Novembro

Unha das mellores compañias do teatro galego estará este domingo en Touro. Ghazafelhos representará a obra Iriña Bailarina que esculca na ruptura de roles convencionais a través dunha bailarina que vive nunha caixa de música e que devece por poder saír do espazo que a anoa a dar voltas sen cesar para poder xogar ao futbolín, ser pirata ou mesmo, se quere, poder engorar, isto é, para quebrar ou modificar a súa propia sorte ou fado. 
Desfruta da tarde do domingo en familia!