Amantes dos cogumelos e fungos participan nas XIV Xornadas Micolóxicas de Touro

Fonte Díaz. 03/11/2018. Amantes dos cogumelos e dos fungos de Touro e chegados tamén de outros puntos da comarca de Santiago participaron nas XIV Xornadas Micolóxicas de Touro. A actividade do día 3 de novembro de 2018 comenzou arredor das 10.00 horas no Centro de Interpretación do Río Ulla de Touro. Alí concentráronse os interesados en participar na xornada e foi o micólogo Jaime Blanco o encargado de impartir una pequena charla sobre o mundo dos cogumelos. Esa explicación foi eminentemente práctica e serviulle aos amantes dos fungos para sair ao campo na procura de setas. A eso das 11.30 horas desplazáronse ata Ponte Basebe, na beira do Ulla. Alí os asistentes comenzaron as tarefas de búsqueda de cogumelos nos bosques próximos ao río. Durante a mañán casi no caeu auga e todos poideron aproveitar ao máximo a xornada micolóxica. Despóis da comida continuou a xornada e xa entrada a tarde os participantes acudiron de novo ao Centro de Interpretación do Río Ulla para clasificar as capturas.