O piloto Souto Paderne gaña o XVIII Slalom Concello de Touro

Máis de 2.000 afeccionados procedentes de toda Galicia acudiron a Fonte Díaz nun asollado día para presenciar a xa clásica proba automobilística 

Fonte Díaz. 5 de decembro de 2016. O piloto Manuel José Souto Paderne (vehículo número 4), da Escudería Rois Perepe Sport,  fíxose onte en Fonte Díaz, co XVIII Slalom Concello de Touro. Gañou a proba conducindo un Renault Clio Sport e cun tempo de 1.43,505. O subcampeón foi Rubén Gandoy Piñeiro (coche número 8), cun tempo de 1.44,134. Este piloto, da escudería A. Ferrol, utilizou un Peugeot 106. O terceiro posto foi para Pablo Castro Pajón (coche número 1), da Escudería As Pontes Motor Sport, cun tempo de 1.44,572. Utilizou un vehículo Citroën AX.

Na proba automovilística celebrada na tarde de pasado domingo, puntuable para o Campionato de Galicia de Slalom 2016, participaron 34 pilotos procedentes de toda Galicia. Representando á Escudería Touro Motor participaron na proba os seguintes pilotos: Iván Mareque, que quedou no posto 18 cun Clio Sport; Martín Fernández, no posto 16 cun Saxo; e Alberto Pampín, posto 22 cun VW Golf GT. Iván Bouza, líder do Campionato de Galicia de Slalom 2016 non participou. A cabeza do campionato está agora maís apretada e o campión coñecerase o próximo sábado en Fene. Teñen opcións o propio Bouza e Pablo Castro que é segundo na xeneral e que en Touro fixo un terceiro posto.

Arredor dunha 2.000 personas disfrutaron o domingo día 4 dunha proba automovilística nun día asollado e con boa temperatura parra estas datas, o que axudou a que os afeccionados ao motor achegáranse ata Fonte Diaz, capital del Concello de Touro, onde estivo instalado o circuito urbano de 1,7 quilómetros sobre asfalto. Este Slalom Concello de Touro é unha proba xa clásica no calendario. Patrocinado polo Concello de Touro, a organización da proba levouna adiante a la escudería Touro Motor, unha das firmas máis activas do panorama automobilístico en Galicia. O seu presidente, Ramón González, destacou a afluencia de público e de pilotos e apostou pola consolidación desta cita automobilística.