Ruta da Tapa dos Produtos do Outono

A pasada fin de semana Touro acolleu a Ruta da Tapa dos Produtos do Outono. Este ano, como engadido, introduciuse un "Tapaporte", a disposición dos clientes, para que estes puidesen votar a mellor tapa e entrar no sorteo dunha cesta de Produtos do Outono. Os votantes que degustaron polo menos 4 tapas de 4 locais distintos (de entre os 8 participantes) elixiron como gañadora a tapa do establecemento J. Pardo. Esta deliciosa tapa, que foi servida o domingo 6, estaba composta de: filloas recheas de setas, croqueta de champiñóns e crema de castañas.
 
Hoxe xoves fíxose entrega da cesta ó gañador do sorteo entre os votantes; o veciño de Touro D. Ángel Apellamil.
 
Agradecemos a participación de tódolos clientes que se achegaron a probar as tapas, selar e votar a súa tapa favorita. E por suposto, extender o noso agradecemento ó establecemento gañador á mellor tapa J. Pardo e a todos os demáis establecementos participantes que fixeron isto posible: O Barranco, Mesón Fonte Díaz, Casa Louzao, Nito, A Peneira, Os Chaos e Carpe Diem.