O Concello de Touro acondiciona sendas no paseo fluvial do río Portapego, no centro de Fonte Díaz (2)

Fonte Díaz. 24/10/2016

O Concello de Touro traballa estes días no acondicionamento do paseo fluvial do río Portapego, no centro de Fonte Díaz, capital do Concello. As obras desenvolvidas polos traballadores contratados polo Concello permiten a reparación e rehabilitación das sendas deste espazo verde ubicado en Fonte Díaz. Tamén foron abertos novos sendeiros no paseo fluvial a demanda da veciñanza.

O Concello de Touro aproveita estes días de bo tempo para acondicionar os espazos públicos para disfrute dos habitantes do municipio. O tramo do cauce fluvial do río Portapego foi acondicionado no 2010 como un espacio de educación ambiental.