‘España Directo’ de TVE, cos ‘xenerais da Ulla’ de Touro

O programa ‘España directo’ de Televisión Española adicou o seu programa do venres 5 de febreiro de 2016 aos entroidos con máis tradición de toda España. Os reporteiros de ‘España directo’ achegáronse esa mañán ata Fonte Díaz para facer unha reportaxe do noso entroido. Estiveron coñecendo a nosa tradición dos ‘xenerais da Ulla’ e acompañaron aos xinetes durante os seu desfile polas rúas de Fonte Díaz na feira do entroido. Os interesados poden ver a reportaxe a partir do minuto 22.40 no seguinte enlace:

http://www.rtve.es/alacarta/videos/espana-directo/espana-directo-05-02-16/3475300/