Os 'xenerais da Ulla' de Bama renovaron a batalla dialéctica o domingo do corredor

BAMA. xaneiro de 2016. O risco do independentismo en Cataluña centrou este ano a batalla dialéctica dos xenerais da Ulla de Bama, Concello de Touro, no xa tradicional domingo de corredor. “Nuestras reivindicaciones/ ya tienen historia/ pero chupáis de Cataluña/ desde que tenéis memoria ”. Así comezou a batalla o xeneral que representou aos independentistas. E o xeneral nacional contestoulle: “Pagáis los impuestos/ que están estipulados/ quién os roba es Puyol/ y con él estáis encantados”. O xeneral  independentista replicou: “Hay algún garbanzo negro/ no lo vamos a negar/ en materia de corrupción/ a vos no se os puede ganar”. E o xeneral nacional contrarreplicou: “Otra cosa vamos a hablar/ si proclamáis la indenpendencia/ del ejército español/ probaréis su virulencia”.

A parroquia de Bama, en Touro, acolleu o domingo 31 de xaneiro a cita do tradicional Entroido do Concello de Touro. Foi un día chuvioso, ainda que no momento da batalla dialéctica non caeu auga. Centos de persoas, moitas delas disfrazadas, acudiron a unha celebración na que os protagonistas foron os xenerais da Ulla. Ante a posibilidade de que chovera, os xenerais non vestiron as súas vistosas chaquetas.  A 'parranda', composta por medio centenar de mozos da parroquia disfrazados, foi a encargada de dar o pistoletazo de saída ao entroido de Bama. Subiron a eso das 17.00 horas ao palco instalado no campo da festa de Bama e alí interpretaron unha coplas con axuda do público.

Logo chegou a hora dos Xenerais da Ulla. No centro do campo da festa enfrontáronse dialécticamente por parellas. Os temas que sacaron foron sobre o independentismo en Cataluña e sobre os casos de corrupción política en España. O combate comezou pasadas as 17.15 horas e durou algo máis de media hora. A continuación chegou a quenda de 'a vellada', onde os maiores da parroquia representaron aos políticos e os seus enfrontamentos. Xa ao final da celebración, apareceron os 'frades' que afrontan o 'pregón do frade', coplas que contan o que preocupa aos mozos da parroquia. A festa continuou durante toda a tarde. Houbo premios para os mellores disfraces.