Veciños e veciñas de Touro visitaron a exposición ‘O noso mundo o noso futuro, a nosa opción’

Fonte Díaz. O Concello de Touro acolleu durante o mes de abril a exposición ‘O noso mundo o noso futuro, a nosa opción’ composta de 19 paneis e material audiovisual sobre “Cambio Climático: o reto do século XXI”. A exposición estivo exposta no CPI Fonte Díaz e tamén na Casa da Cultura de Touro. Visitáronna os alumnos do CPI, veciños e veciñas do Concello e alumnos dos cursos da Rede Xiana e do curso sobre Aplicación de Fitosanitarios. Con esta exposición pretendeuse dar a coñecer a todos os veciños o problema ambiental do cambio climático, informando sobre as súas causas e consecuencias a nivel global e tamén en Galicia. Ademáis intentou estimular a participación e reflexión dos visitantes, fomentando un desenvolvemento máis respetuoso co medio ambiente.