Ignacio Codesido, alcalde de Touro: “Apostamos por deportes de natureza que fagan posible disfrutar do rico patrimonio natural do Concello”

Ignacio Codesido está convencido de que o Concello de Touro conta cun patrimonio natural difícil de igualar. E aposta por sacarlle rendimento, aproveitalo e poñelo en valor. A proba ciclista ‘Ruta do Holandés’ súmase á oferta deportiva e de lecer que o Concello de Touro ofrece ao longo do ano e entre as que están a BTT pola ribeira do Ulla, a carreira popular concello de Touro ou as rotas de sendeirismo programadas. “Apostamos por promocionar o noso de patrimonio natural a través de probas deportivas abertas aos afeccionados e ao público en xeral, queremos incentivar a práctica do deporta da bicicleta, do running ou das camiñadas, en definitiva, das probas que permitan o contacto ca natureza”, apunta Codesido, quen lembra a relevancia da ‘Ruta do Holandés’, cada ano máis frecuentada polos cicloturistas procedentes de Holanda e do Centro de Europa. “Esta ruta merece a pena ser percorrida en bicicleta porque é tranquila, ofrece unhas paixases fermosísimas, unha natureza que desborda e tamén conta con todo tipo de servizos, entre os que está un área de autocaravanas”.
“Durante os últimos veráns estamos percibindo un incremento notable dos peregrinos en bicicleta que elixen esta ruta para chegar a Compostela”, lembra Ignacio Codesido. Esta ruta para ciclistas percorre os concellos de Arzúa, Touro, Boqueixón e Santiago de Compostela. A ruta comenza no concello de Arzúa, concretamente no desvío da N-547 en dirección Touro e a poucos quilómetros do tramo oficial do Camiño de Santiago. Durante 25 quilómetros transcurre pola estrada comarcal AC-240, que une Burres con Ponte Ulla, e que hoxe foi escenario principal do ‘I Trofeo de Ciclismo Concello de Touro Camiño do Holandés’. No quilómetro tres da AC-240 abandónase o concello de Arzúa para entrar no de Touro pola parroquia de Beseño. Aproximadamente no quilómetro 12 da ruta éntrase na capital do Concello de Touro, Fonte Díaz, onde os peregrinos selas a súa Compostela no Punto de Información Turística situado na Casa del Concello.
Por qué elixen esta ruta os peregrinos ciclutoristas? Porque existen referencias da ruta nas guías editadas nesos países sobre o Camiño de Santiago. A denominada 'Ruta do Holandés' é utilizada por alemáns, austríacos e orixinarios dos países nórdicos en xeral. Touro pretende convertirse en plataforma para a promoción do turismo de natureza na comarca.