43 pilotos de toda Galicia e de Asturias participarán este fin de semana no I RallyMix Concello de Touro

Fonte Díaz. 3 de marzo de 2016. Un total de 43 pilotos procedentes de toda Galicia e de Asturias participarán este fin de semana (5-6 de marzo) no I RallyMix Concello de Touro, que terá lugar na localidade de Loxo (Concello de Touro). Esta proba servirá para dar inicio ao calendario oficial das probas da tempada automobilística 2016 en Galicia. Os organizadores destacan o interés que está despertando esta proba, puntuable para o Campionato de Galicia RallyMix 2016, entre os pilotos e os afeccionados. Xa está confirmada a presencia de Abel Jurado, actual gañador do Campionato de Galicia RallyMix 2015. O piloto asturiano da escudería Turón Arras acudirá cun car cross. Tamén participará Tino Iglesias, do equipo Desguaces Tino Racing, campeón galego del Rally Copa Top Ten Pirelli e varias veces gañador do Campionato Galego de Autocross. Correrá cun Ford Fiesta R2. O RallyMix Concello de Touro tamén recibirá a Víctor Senra, da escudería Yacar Racing, campión de España da Copa R2 e que se prepara para competir este ano na 208 Rally Cup de Francia. O coche 0, un BMW pilotado por Fernando Rico e Paricia Lago de copiloto, abrirá a proba o sábado pero non competirá. Os organizadores asegurán que tratará de dar espectáculo nesta primeira volta que comenzará a partir das 12.00 horas do sábado, 5 de marzo.
 
O RallyMix distínguese por compartir trazado sobre asfalto e sobre terra, neste caso repártense o chan nun 50%. O trazado de Loxo ten unha lonxitude de 11,4 quilómetros. O sábado 4 de marzo comenzarán a primeira hora as verificacións administrativas e técnicas. Ás 09.00 horas está previsto o recoñecemento dos tramos polos pilotos. A primeira manga empezará ás 12.00 horas. E haberá outras dúas mandas nese día, que comenzarán vinte minutos despois de que remate o percorrido o último coche. O domingo día 6 de marzo contará con dúas mangas. A proba ese día está prevista para ás 10.00 horas. Xa pola tarde será a entrega de trofeos.
Touro Motor confía en que acuda numeroso público e afeccionados de toda Galicia a presenciar a proba puntuable para o Campionato de Galicia RallyMix 2016.
 
Prensa Concello de Touro: 679.486961.