A Xunta apoiou a 19 establecementos hostaleiros da comarca de Santiago, entre eles o Restaurante Casa Taboada de Loxo, para investimentos en equipamentos post covid

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Touro, Ignacio Codesido, e pola concelleira Adela Iglesias, visitou o 8 de novembro de 2022 o Restaurante Casa Taboada, en Loxo, un dos beneficiados pola orde de axudas para investimentos en equipamentos post Covid dos establecementos hostaleiros que lle permitiu renovar a seu sistema de climatización. 

Gonzalo Trenor explicou que o obxectivo destas axudas, que en toda Galicia sumaron tres millóns de euros, foi “seguir colaborando na modernización das instalacións e na consecución da maior seguridade sanitaria nos establecementos hosteleiros galegos” 

+ info: 

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/74351/xunta-apoyo-19-establecimientos-hosteleros-comarca-santiago-para-inversiones?langId=gl_ES#