OBRADOIROS DE SAMAÍN

Toda unha semana por diante para cumprir cos requisitos permitidos na nosa gran cita anual cos obradoiros de Garabato de Xogos!

Porque esta nova normalidade tampouco conseguirá prohibirnos a nosa ancestral celebración. Cativas e cativos, as que non o son tanto e as que nunca o foron, os que sempre o serán e os que deixaron de selo, TODAS as criaturas deste mundo e do outro festexaremos esta gran noite de SAMAÍN.

E como en toda gran festa que se prece o primeiro é a comida: MÁSTER CHEF DO MEDO, o obradoiro gastronómico que pon verde de envexa a calquera. Tomade nota, o luns 26 de outubro cociñamos as nosas receitas máis feiticeiras!

Co MESTRADO DA COSTURA do martes 27 crearemos tendencia convertindo a Touro na envexa das pasarelas máxicas e coa FEIRA DOS COMPLEMENTOS do mércores seremos as top das influencers.

As mellores ideas e os trucos de decoración serán revelados o venres nas TOURO TENDENCIAS DE SAMAÍN.

O serán do 31 de outubro, na Casa da Cultura de Touro, gozaremos da música con Brinca Vai e o noso leitmotiv particular para este 2020: MEIGAS FÓRA

A mellor oportunidade de amosar os teus feiticeiros encantos no photocall social-media 2020. Seredes a envexa de todas as criaturas.

Ditos obradoiros terán lugar na Casa da Cultura e a celebración dos mesmos adáptase ás esixencias marcadas pola pandemia do COVID-19 e o uso de máscaras e a hixiene de mans é de obrigado cumprimento para o acceso ás mesmas, así como a INSCRICIÓN para cada unha das actividades (praxo límite ata o xoves 22 de outubre)

Debido ás medidas de seguridade, protección e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para a prevención do COVID-19 prégase acudir con anticipación á hora sinalada para acceder de maneira ordenada e cumprindo cos protocolos de seguridade.