SAMAÍN 2020

Xa están aquí!

Chegamos a unha das nosas datas sinaladas ao grande no calendario, onde os misterios e os sorrisos van da man polo concello de Touro. Tradición e vangarda, deste mundo e de calquera outro. As cativas e os cativos, as que non deixaron de selo e os que se negan a elo, temos unha semana de medo por diante!

Comezamos cun obradoiro para PRINCIPIANTES na cociña do medo, outro adicado a moda outono-inverno 2020 e outro máis para coñecer ás tendencias na decoración, para rematar cos xa INICIADOS nas historias destes dous mundos cheos de segredos.

E coma sempre, coas nosas mellores galas, teremos a nosa xuntanza anual na CASA DA CULTURA, onde as máscaras e as distancias de seguridade obrigatorias, non serán impedimento para gozar da música nesta gran NOITE DE SAMAIN.

A mellor oportunidade de amosar os teus feiticeiros encantos no photocall social-media 2020. Seredes a envexa de todas as criaturas. As top das influencers!

Ditos obradoiros terán lugar na Casa da Cultura e a celebración dos mesmos adáptase ás esixencias marcadas pola pandemia do COVID-19 e o uso de máscaras e a hixiene de mans é de obrigado cumprimento para o acceso ás mesmas, así como a INSCRICIÓN para cada unha das actividades

Debido ás medidas de seguridade, protección e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para a prevención do COVID-19 prégase acudir con anticipación á hora sinalada para acceder de maneira ordenada e cumprindo cos protocolos de seguridade.

INSCRICIÓNS: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono 981 81 45 66