CONTOS CON OVOS

Narración oral e obxectos

Onde?                                  Pistas da Praza do Luar, Fonte Díaz

Cando?                                 Mércores 23 de setembro ás 17 horas

Público?                               Infantil e familiar (+4 anos)

Tempo?                               40 minutos

Debido ás circunstancias actuais, para asistir a estas actividades é obrigatorio inscribirse no 981 81 4566 ou Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

Colle un pouquiño de contacontos, engádelle unha pinguiña de teatro, deixao ao baño María con animación á lectura, espolvorea un chisco de pantomima...e xa tes unha sesión de Pablísimo. Un contacontos moi redondiño … ou máis ben ovalado onde os protagonistas son os ovos… e o que sae deles!

Espectáculo de narración oral, adiviñas, xogos de palabras, obxectos e bonecos.