ESTRAFALARIA

Contacontos. Narración oral e obxectos.

 

Onde?                  Pistas da Praza do Luar, Fonte Díaz

Cando?                 Mércores 16 de setembro ás 17 horas

Público?               Infantil e familiar (+3 anos)

Tempo?               50 minutos

Estrafalaria é un espectáculo que combina a narración oral coa manipulación de obxectos onde o público participa activamente do relato. As personaxes que interveñen na historia caracterízanse pola súa peculiaridade e levan a diferenza como bandeira.

Os cativos e cativas deben entender a diversidade como algo enriquecedor e imprescindible para que a sociedade evolucione cara o mundo que queremos, ese no que debería predominar a tolerancia, a solidariedade e a integración. Ese mundo no que como mulleres podemos aportar os nosos coñecementos e ser nós mesmas a cada momento.

A celebración do espectáculo adáptase ás esixencias marcadas pola pandemia do COVID-19.

O uso de máscaras e a hixiene de mans é de obrigado cumprimento para o acceso ao recinto.

Debido ás ditas medidas de seguridade, protección e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para a prevención do COVID-19 prégase acudir con anticipación á hora sinalada (17h) para acceder de maneira ordenada e cumprindo cos protocolos de seguridade.