LETRAS GALEGAS 2018

En Touro celebraremos a semana das Letras Galegas coas seguintes actividades:

. O mércores 16 de maio, víspera do festivo, ás 16:30h. na Casa da Cultura contaremos en familia Contos Vivos que fan Poesía. Xogaremos a partires do conto infantil Verbas de Sal, e contaremos coa presencia de Antonio García Teijeiro, recentemente homenaxeado co premio nacional de literatura infantil e xuvenil, pola obra "Poemas do mar", escrita en galego.

. O venres 18 de maio os/as alumnos/as do CPI Fonte Díaz desfrutarán de Mulleres que Contan, actividade na que a través do gran xogo quen é quen coñeceran a vida e obra de María Victoira Moreno e outras mulleres.

. O sábado 19 de maio na Casa da Cultura ás 19:30h. outro ano máis, poderemos deleitarnos coa pezas da Banda de música Isabel II de Touro, no seu concerto das Letras Galegas.

 mulleres que contan Touro
Contos vivos que fan poesia Touro