Galeuropa 2018

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca Galeuropa 2018: axudas para que á mocidade galega faga prácticas formativas non remuneradas en entidades/empresas públicas ou privadas en países europeos.

A finalidade do programa de mobilidade é reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais dos/as mozos/as inscritos/as en Garantía Xuvenil non ocupados/as e non integrados/as nos sistemas de educación ou formación, contribuíndo á mellora da súa formación e á adquisición da experiencia profesional necesaria para a incorporación ao mercado de traballo dunha maneira duradeira no tempo. Ademais, a mobilidade transnacional apoia a adquisición de competencias en idiomas estranxeiros que aumentan a empregabilidade das persoas novas.

A realización das prácticas formativas non laborais xerará o dereito a solicitar a expedición do certificado de experiencias en educación non formal en materia de mocidade

As axudas á mobilidade establecidas nesta orde regularanse a través de tres procedementos distintos:
BS324A: axudas individuais de mobilidade, concedidas directamente á mocidade galega. 
BS324B: axudas a proxectos de mobilidade presentados por entidades sen ánimo de lucro, con sede permanente ou domicilio social en Galicia que desenvolvan actividades no eido da xuventude.
BS324C: axudas para proxectos de mobilidade presentados por concellos, mancomunidades, agrupacións ou fusións de concellos.

Destinatarios/as das prácticas formativas non laborais: participantes das mobilidades
1. As persoas destinatarias das mobilidades deberán estar inscritos/as e figurar como beneficiarios/as no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia o día en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
2. Non poderán participar nas mobilidades as persoas que resultasen beneficiarias en convocatorias anteriores do programa Galeuropa.

Requisitos para estar en Garnatía Xuvenil: 
a) Non ter traballado no día natural anterior ao momento de recibir a actuación. 
b) Non ter recibido accións educativas no día natural anterior ao momento de recibir a actuación. 
c) Non ter recibido accións formativas no día natural anterior ao momento de recibir a actuación.

As solicitudes están dispoñibles en https://sede.xunta.gal cos códigos BS324A, BS324B E BS324C
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 18 de xuño de 2018

Máis información no DOG do 18 de maio de 2018 e en Programas Europeos