FEIRA E FESTIVAL DE REIS

TOURO ACOLLE O DÍA 5 A SÚA FEIRA DE REIS E O FESTIVAL DE REIS, QUE CONTARÁ COA PRESENZA DAS SÚAS MAXESTADES DE ORIENTE

Fonte Díaz. 04/01/2016. Mañán xoves, día 5 de xaneiro, como todos os días 5 de cada mes, celébrase en Touro a feira popular e tamén o Festival de Reis. Algunhas das feiras do día 5 adícanse á celebración de festas tradicionais, como a Feira do Entroido, no mes de febreiro; a do Emigrante, en agosto; ou a da Castaña, no mes de novembro. O  día 5 celébrase a feira de Reis. Na feira de Touro o visitante pode atopar unha gran oferta de productos agrícolas, de alimentación e postos ambulantes con variedade de roupa e calzado. Xa é tradición que forasteiros e veciños achéguense ata as rúas de Fonte Díaz, onde se vive a feira popular, para degustar o polbo das polbeiras, que instalan dende primeiras horas da mañán os seus postos. Fonte Díaz, capital do Concello de Touro, é ese día lugar de encontro.

O Concello de Touro tamén vivirá o día 5 de xaneiro o seu tradicional Festival de Reis, coa Cabalgata de Reis visitando todas as parroquias do municipio. Para que os veciños poidan achegarse á feira e tamén ao festival, o Concello ofrece un servizo de autobuses. O percorrido é o de costume. O Festival de Reis desenvolverase no Pavillón Polideportivo Municipal, onde está instalado o Belén Vivinte, para o cal o Concello leva traballando xa dende fai varios días. No Belén Vivinte, que ocupa case toda a pista de deportes do pavillón, participarán os máis pequenos que asumirán os papeis propios do Belén. Así mesmo no Belén Vivente haberá unha representación da Feira do día 5, onde se servirá un chocolate con churros ao rematar o festival. O Concello convida e anima a todos os veciños a participar como figurantes.

Está previsto que o día 5 de xaneiro ás 16.30 horas as súas Maxestades de Oriente sairan da discoteca Dona Dana acompañados pola Banda de Musica Isabel II de Touro, que tamén interpretará varios temas durante o Festival de Reis. Os Reis Magos chegarán ao Belén Viviente ás 17.00 horas. Alí farán a ofrenda ao Neno Xesús, papel que asumirá un pequeniño de poucos meses do Concello de Touro. Sobre ás 17.15 horas comenzarán as actuacións musicais. O Festival de Reis rematará coa entrega de agasallos por parte das súas Maxestades de Oriente. E os nenos e nenas marcharán para a súas casas para esperar a que esa noite os Reis de Oriente deixen moitos regalos e bos augurios para todos.

 

Foto: preparativos do nacemento onde se celebrará o Festival de Reis.

 

FEIRA E FESTIVAL DE REIS

O xoves día 5 de xaneiro celébrase durante toda a mañán nas rúas de Fonte Díaz a tradicional Feira de Reis.

Os Reis Magos de Oriente visitarán todas as parroquias do Concello de Touro repartindo caramelos e agasallos.

O Festival de Reis:

Ás 16.30 horas. Saída dos Reis Magos da discoteca Dona Dana acompañados pola Banda de Música Isabel II de Touro.

Ás 17.00 horas. Chegada dos Reis ao Belén Vivinte, instalando no Pavillóm Municipal de Deportes.

Ás 17.15 horas. Actuacións musicais e interpretación de varios temas por parte da Banda de Música Isabel II de Touro.

Despois das animacións musicais, os Reis Magos farán entrega dos agasallos aos máis novos do Concello de Touro.

Ao remate do Festival de Reis no Belén Viviente servirase unha chocolatada con churros.

 

Prensa Concello de Touro: 679.486961.