RUTA DA RIBERA DO ULLA PR-G 93

Ponte Basebe-Pozo do Pego (San Pedro de Ribeira)

Ruta lineal que percorre a marxe dereita do río Ulla para aproximarse, no medio dunha idílica paisaxe, ata lugares tan emblemáticos do municipio como o Sobreiral do Ulla, a Fervenza do Inferniño ou o Pozo do Pego, un lugar de extraordinaria beleza.

Preto do camiño pódense descubrir os restos do Pazo de San Cristovo, pequenos muíños e as escondidas e antigas ouriceiras que salpican repetidamente os frondosos soutos.

Variante circular: Chegados a Fervenza do Inferniño, subir a Santiago de Novefontes para volver por Basebe a Ponte Basebe. Unha boa combinación de natureza, etnografía e patrimonio relixioso.