Coñecendo Touro
Camiño do Holandés. A perfecta combinación de patrimonio natural e cultural.
Como unha derivación do tan afamado Camiño Francés, atravesa o concello de Touro de nordés a suroeste, penetrando por Arzúa para continuar por Boqueixón cara a Santiago, transcorrendo polas parroquias de Beseño, Quión, Touro, Loxo e Prevediños. Nesta última temos dúas posibilidades, tomar por Quintas cara a Gastrar ou continuar pola parroquia de Vilar. Uns 30 km. nos que provoca gozar de paradas tales como a capela e fonte de Santa Isabel de Beseño; a igrexa de San Félix de Quión; a de San Xoan de Touro; Santa María de Loxo e a capela de San Sebastián; capela, fonte e área recreativa de Brandelos ou a igrexa de San Miguel de Vilar. Un novo camiño na procura de inéditas experiencias.
Os Camiños Fluvias do Ulla. Camiños de terra ou pedra pero tamén camiños de auga.
Nos tempos en que as distancias veñen marcadas polo Sistema de Posicionamento Global (GPS) e planificamos o noso propio CAMIÑO segundo as necesidades de cada momento, o concello de Touro configúrase como un espazo privilexiado no que resulta natural deixarse seducir polo alto valor etnográfico e paisaxístico de cada un dos lugares das súas 19 parroquias. Natureza, patrimonio, deporte… ou todo nun, o goce é garantido.
Goza del Ulla. Rutas guiadas de senderismo durante todo el año.
Interesante iniciativa que conta coa participación de 20 municipios polos que transcorre o río Ulla, que será o noso gran compañeiro de viaxe en cada unha das rutas organizadas, pero non o único, outros afluentes contribuirán ao noso deleite fluvial, do mesmo xeito que a incrible beleza paisaxística das súas parroquias. Patrimonio natural, etnográfico, arquitectónico… son moitos os elementos que nos sorprenderán: fervenzas e remansos, muíños e pesqueiras, igrexas e pazos, sen esquecer a gran riqueza floral e faunística que caracteriza este espazo.
Rutas de sendeirismo
PRG 233: Unindo camiños a través do Ulla
Ruta da Fervenza das Hortas ao río Lañas
Área Recreativa de Santaia-Ponte Basebe
Ruta da Ribeira do Ulla PR-G 93
Ponte Basebe-Pozo do Pego (San Pedro de Ribeira)
Ponte Remesquide-Ponte Ledesma
Ruta Unindo Camiños polas sombras do Ulla
Vilar de Calvos-Pozo do Pego (San Pedro de Ribeira)
Área de autocaravanas-Coto de San Sebastián ou Área Recreativa de Brandelos
Outras rutas (sen sinalizar)
Para máis información www.touroturismo.com