O Festival de Bandas de Touro cumple a maioría de idade co protagonismo da Banda Escola de Música de Visantoña e da Banda de Música Isabel II de Touro

O Campo da Festa de Fonte Díaz, no Concello de Touro, encheuse de música na tarde do domingo, día 18 de xullo de 2021.

O Concello de Touro acolleu o seu XVIII Festival de Bandas, que cumpliu a maioría de idade. O pasado ano do 2020, a causa da pandemia, non pudo celebrarse a xa tradicional cita coa bandas de música.

O XVIII Festival de Bandas Concello de Touro comenzou ás 19.30 horas nunha tarde asollada e de calor. Inaugurou a cita musical a Banda Escola de Música de Visantoña, cun repertorio seleccionado para a ocasión, que interpretou durante case unha hora. Logo seguiu a Banda de Música Isabel II de Touro, que exerceu de anfitriona e que foi a encargada de pechar o festival. Os asistentes aplaudiron con forza as interpretacións das dúas formacións musicais.

O Concello agradece a asistencia de veciños e forasteiros que desfrutaron dunha xornada de música na que tamén colaborou a Deputación da Coruña e a Federación Galega de Bandas de Música. Durante o Festival cumpliuse o protocolo sanitario contra a Covid19, tanto no uso de máscara, como na distancia entre asistentes e a desinfección de mans.