Festa de Nadal

Para dar comezo as vacacións de Nadal o próximo venres 21 de decembro, celebraremos unha festa chea de diversión. Papá Noel será a estrela da tarde e o encargado de recibir as peticións dos/as cativos/as. A merenda de grandes e pequenos estará asegurada coa máquina de palomitas e os recordos do día serán elaborados nos distintos obradoiros. Todo amenizado con música e animación.