I Xornadas do Camiño do Holandés-EuroVelo 3

A definición do trazado da EuroVelo 3 abre unha nova oportunidade turística vencellada ao cicloturismo, un roteiro de longa distancia baseado no Camiño Xacobeo e os lugares declarados Patrimonio da Humanidade. No noso caso, ao paso polo Camiño do Holandés. A alternativa ciclista do Camiño Francés.

Mesas de debate con persoal tanto do eido público como privado, enriquecendo a participación multidisciplinar e moitas, moitas máis actividades, como a I QUEDADA CICLISTA Pedaladas polo Camiño, 55 km desde Fonte Díaz ao Monte do Gozo e volta a Fonte Díaz.

As Saídas iniciáticas cos máis novos ao Centro de Interpretación do Pico Sacro, o Castro da Moura e Brandelos. O Xantar peregrino xunto ao mesmísimo ATANASIO e a Gran Proba da Orde das Donas e Cabaleiros do Camiño do Holandés coa súa Alforxa das Recompensas porán o punto e seguido desta INICIACIÓN.