Información pública do proxecto de reparcelación do “Proxecto sectorial do parque empresarial de Touro”

 

No Boletín Oficial da Provincia número 7 do día 10 de xaneiro en curso, publícase o anuncio polo que se somte a información pública o proxecto de parcelación do Parque empresarial de Touro, que se transcribe de seguido:

 "Pola Xunta xeral universal da sociedade Explotaciones Gallegas SL, en data 29 de setembro de 2017, aprobouse inicialmente o proxecto de reparcelación do Proxecto sectorial do parque empresarial de Touro”, conforme ao establecido no artigo 121.3.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do Solo de Galicia.

Conforme ao establecido no artigo 106 da citada Lei 2/2016, exponse o proxecto de reparcelación do “Proxecto sectorial do parque empresarial de Touro” a información pública polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, ao obxecto de que se poidan presentar as alegacións e reclamacións que se estimen oportunas."