PLAN DE MOBILIDADE URBANA SOSTIBLE DE TOURO

O Concello traballa no deseño do PLAN DE MOBILIDADE URBANA SOSTIBLE DE TOURO

Para a súa elaboración solicita a participación dos veciños e veciñas nesta enquisa, que é de carácter anónimo coa excepción da dirección IP que identifica o dispositivo de internet desde onde se envían as respostas.

Por que é importante participar? Porque o Concello pretende saber os hábitos de mobilidade dos seus habitantes, quere coñecer as preferencias e suxestións para así impulsar medidas que garantan o acceso universal, equitativo e seguro aos centros xeradores de viaxes. O Concello pretende, a través desde plan, o uso de modos de transporte sostible.

O PLAN DE MOBILIDADE URBANA SOSTIBLE DE TOURO quere tamén establecer propostas de actuación axeitadas ás circunstancias particulares do Concello. É fundamental realizar a enquisa na maior brevidade posible e contar coa meirande participación.

Para cubrir a enquisa, poden ir ao seguinte enlace: https://forms.gle/WtRB92B1RzNiH3Ct8