Os ‘xenerais da Ulla’ de Bama protagonizaron o domingo de corredor a batalla dialéctica a pesar da chuvia e o vento

‘Os xenerais da Ulla’ de Bama, no Concello de Touro, protagonizaron no campo da festa a batalla diálectica do domingo de Corredor. É a primeira cita do Entroido no Concello de Touro. Logo seguirán os xenerais de Fao, o martes de carnaval, e o desfile dos xenerais de Fonte Díaz, o 5 de marzo, na Feira do Entroido. O loita diálectica prodúxose a pesar da incesante chuvia que cae esta tarde en Bama, onde tamén se rexistrou vento. O día non acompañou. Pero os veciños e visitantes achegáronse para disfrutar da loita verbal. Os organizaroress instalaron unha gran carpa que serviu para protexer aos asistentes. Os xenerais pelexaron baixo a chuvia.

O política centrou un ano máis a loita dialéctica dos xenerais da Ulla de Bama. Foron batallas verbais cheas de referencias políticas sobre a máis candente actualidade: “La izquierda es muy buena/ en las ruedas de prensa/ pero después tiene la derecha/ que llenar la despensa”, apuntou un xeneral. E o outro replicou: “Ya que hablas de dinero/ y sois siempre la solución/ en lo que sois muy buenos/ es en usar la corrupción”. Y continuaron: “O todos nos hemos vuelto locos/ o ya no entiendo nada/ que presuma de feminista/ el macho de la manada”. Tamén seguiron con: “A todos los que os asusta/ la deriva de la nación/ aquí estamos el futuro/ para buscar una solución”. E outro xeneral contestou: “Y a los políticos actuales/ solo una cosa les diría/ que el bienestar futuro/ no es ninguna tontería”.

Foi unha tarde de chuvia e frío. Pero centos de persoas, moitas delas disfrazadas, acudiron a unha celebración na que os protagonistas foron os xenerais da Ulla. A 'parranda', composta por mozos da parroquia disfrazados e con traxes tradicionais galegos, foi a encargada de dar o pistoletazo de saída ao entroido de Bama. Cantaron os seus temas dende o palco instalado no campo da festa de Bama.

Logo chegou a hora dos xenerais da Ulla. Baixo a chuvia e un arco de mimosas, enfrontáronse dialécticamente por parellas.

A continuación chegou a quenda da vellada, onde os maiores da parroquia representaron aos políticos e os seus enfrontamentos. Xa ao final da celebración, apareceron os 'frades' co 'pregón do frade', coplas que contan o que preocupa aos mozos da parroquia. Houbo premios para os mellores disfraces.