Bases Concurso Fotografía

VIII  CONCURSO DE FOTOGRAFÍA “ TOURO EN IMAXES” BASES DO CONCURSO

 

 

 

 

 

 

 

 

PRIMEIRA

Establécense dúas categorías de participación  sendo estas:

Categoría Adultos: Maiores de 18 anos

Categoría xuvenil : Entre 12 e 18 anos.

Poderán participar no presente concurso  todos/as  as persoas que teñen afeción  pola fotografía , sexan profesionais ou non.

Cada participante poderá presentar un máximo de tres fotografías en cada categoría.

SEGUNDA

Tódalas imaxes presentadas pasarán a formar parte dun arquivo creado para uso municipal, e poderán ser explotadas, divulgadas ou reproducidas, citando sempre o nome do autor ou autores.

TERCEIRA

No caso de que se presenten ao concurso fotografías que reflictan imaxes que identifiquen ou sexan susceptibles de identificar a persoas físicas, o participante que as presente deberá enviar un documento escrito asinado por este participante, en virtude do que se compromete e obriga a obter o previo e expreso consentimento das persoas das cales as súas imaxes se reflicten nestas fotografías.

CUARTA

O tema das obras a presentar pode ser calquera relacionado con Concello de Touro: natureza, patrimonio histórico-cultural personaxes.

Establécense tres categorías:

1.       Personaxes

2.       Natureza

3.       Patrimonio histórico - cultural.

As fotografías deberán ser inéditas, non se admitirán imaxes de montaxes, nin manipulacións que non sexan exclusivamente tratamentos de cor ou axustes referentes á calidade ou procesado da imaxe.

Non se poderán presentar ao concurso fotografías que reflictan imaxes que identifiquen ou sexan susceptibles de identificar a menores de idade.

As fotografías deberán ser impresas en papel fotográfico en formato de  24X30 mínimo e 30X40 máximo,  en cor ou branco e negro.    

Os traballos presentaranse nun sobre pechado cun lema ou título escrito por fora, ben especificada a categoría. No seu interior incluirase a imaxe ou imaxes presentadas e unha copia en formato dixital, e noutro sobre pechado, a identidade do autor e datos de contacto.

 No dorso do sobre onde se inclúan, poñerase unicamente o título da obra . Quedarán anulados os sobres que leven á vista o nome do autor/a da imaxe

QUINTA

O prazo de admisión remata o 15 de novembro  de 2013.

SEXTA

As fotografías deben presentarse no Concello de Touro (Fonte Díaz s/n)

 Si se envían por correo, débese indicar por fora “ VIII Concurso de Fotografía Concello de Touro ”

O fallo do xurado é inapelable.

O xurado estará formado por un grupo de cinco persoas: o alcalde, ou a persoa na que delegue, o concelleiro de cultura e tres persoas relacionadas co mundo da arte ou da fotografía.

O xurado poderá declarar deserto o premio.

SÉTIMA

Se entregaránnove  premios distribuído da seguinte maneira:

Categoría Adultos:

Categoría Personaxes:                                    1º Premio:200€

2º Premio:100€

Categoría Natureza:                                        1º Premio:200€

2º Premio:100€

Categoría Patrimonio histórico cultural:  1º Premio:200€

2º Premio:100€

Categoría Xuvenil:

Consistirá nun único premio por categoría

Categoría Personaxes:                                    Vale por valor de 100 €uros para material fotográfico

Categoría Natureza:                                        Vale por valor de 100 €uros para material fotográfico

Categoría Patrimonio histórico cultural:  Vale por valor de 100 €uros para material fotográfico

A entrega de premios realizarase nun acto coa  data, lugar e hora comunicada a tódolos presentados oportunamente.

 

OITAVA:  A participación neste concurso implica a aceptación das bases.