O Concello de Touro arranxa as beirarrúas no centro de Fonte Díaz

Fonte Díaz. 14/09/2016.

Touro está estes días sustituindo e arranxado as beirarrúas nalgunhas puntos do centro de Fonte Díaz, capital do Concello. As obras afectan a máis de 200 metros de beirarrúas na rúa Bispo Xosé Diéguez Reboredo, arteria principal de Fonte Díaz. O Concello de Touro, para afrontar os arranxos e sustitución, conta cunha partida duns 34.000 euros procedentes do programa para a mellora de infraestructuras e equipamentos nos concellos de Galicia de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. As obras desenvólvense dende fai unhas semanas e estarán rematadas a finais do próximo mes de outubro.