Curso: MONTAXE E MANTEMENTO DE INSTALACIÓNS SOLARES FOTOVOLTAICAS

Está previsto o inicio para o día 27 de XUÑO  do curso"MONTAXE E MANTEMENTO DE INSTALACIÓNS SOLARES FOTOVOLTAICAS" que se vai a realizar no  centro de formación do concello de AMES. A existencia de prazas vacantes posibilita a incorporación de calquer persoa interesada, con prazo ata o día 24 de XUÑO.

A documentación a remitir é a seguinte:

 

1. Para as persoas que xa participaron nas accións formativas anteriores:

a.  Tarxeta de demandante de emprego actualizada 

b. Informe de vida laboral actualizados.

 

2. Para as persoas que non participaron nas accións formativas anteriores:

a. Ficha de Inscrición (MD-PRE-08) debidamente cumprimentada e asinada.

b. Fotocopia de DNI ou do NIE no seu caso.

c. Fotocopia da tarxeta de demandante de emprego debidamente actualizada.

d. Certificado ou volante de empadroamento.

e. Informe de Vida Laboral actualizado (emitido no mes no que se realice a inscrición)

f. Copia da titulación que acredite o cumprimento dos requisitos de acceso a un certificado de profesionalidade de Nivel 2.

 

 

IMPORTANTE:

  • Si non se cubrisen as prazas coas persoas admitidas e coas que figuran como suplentes, poderase inscribir a outras persoas que estén interesadas en participar sempre que estén en situación de desemprego e cumpran cos requisitos de formación esixidos correspondentes a un Nivel 2.
  • As persoas que participen na acción formativa poderán optar ao cobro da bolsa, cuxo importe máximo se establece en 319 euros brutos. Os requisitos para poder percibir a bolsa son:
  1. Estar en situación de desemprego ao inicio da acción formativa
  2. Asistir con regularidade ao curso
  • Os límites para o cobro da bolsa son:
  1. As persoas que non cobren ningunha prestación e non excedan das faltas permitidas, percibirán o importe íntegro da bolsa (319 euros/ 22 días lectivos ou a parte correspondente cando o mes ten menos de 22 días lectivos)
  2. As persoas que cobren algunha axuda por desemprego (prestación por desemprego, subsidio por desemprego, RAI, RISGA, etc) percibirán unha parte proporcional da bolsa, xa que a suma das axudas que percibe máis o importe da bolsa non pode superar o 75% do IPREM (399,38 euros)