Curso: ACTIVIDADES AUXILIARES EN AGRICULTURA

 

Vaise realizar en TOURO un curso de AGAX0208 ACTIVIDADES AUXILIARES EN AGRICULTURA

 A acción formativa ten unha duración total de 570 horas (330 horas de formación teórica, 40 horas de orientación laboral e 200 horas de formación práctica en entidades e empresa da provincia relacionadas co sector agrario).

Os contidos son os seguintes:

UC0517_1 Realizar operacións auxiliares para a preparación do terreo, sembra e plantación de cultivos agrícolas.
UC0518_1 Realizar operacións auxiliares para o rego, abonado e aplicación de tratamentos en cultivos agrícolas.
UC0519_1 Realizar operacións auxiliares nos coidados culturais ede recolección de cultivos e no mantemento das instalacións en explotaciones agrícolas.

 


Trátase dunha acción conveniada coa Consellería de Traballo e Benestar a través da cal as persoas que rematen axeitadamente a formación terán acceso ao certificado de profesionalidade correspondente ao NIVEL 1 de cualificación.

Ás persoas interesadas en participar esixiráselle o certificado de escolaridade ou equivalente e non se lles esixirán outros requisitos académicos nin profesionais.

Está por determinar a data de inicio debido a que estase a desenvolver o proceso de acreditación provisional das instalacións por parte da Dirección Xeral de Emprego e Formación da Consellería de Traballo e Benestar.

O PRAZO DE INSCRICIÓN É DENDE HOXE MÉRCORES 9 DE SETEMBRO ATA O MÉRCORES 30 DE SETEMBRO.