Touro: Otoño 2014

Benqueridos veciños/as:

A experiencia destes últimos anos anímanos a manter este programa e seguir coas liñas esenciais marcadas dende fai dúas décadas e que non son outras que o apoio a tódalas manifestacións artísticas, deportivas, culturais e formativas que se plasman nas actividades ofertadas.

Como cada ano, pretendemos que nesta oferta de actividades teñan cabida todolos veciños/as do Concello polo que ofrecémosvos unha ampla alternativa lúdica e formativa co fin de que disfrutedes do voso tempo de lecer dun xeito que consideramos proveitoso.

Tamén queremos trasmitir a nosa satisfacción pola próxima apertura da “Casa de Cultura” que permitirá que o programa deste ano se poda desenvolver nun espazo adecuado.

Aproveitamos para agradecer o apoio prestado polos institucións e veciños/as que, coa súa presenza e participación, fan que este conxunto de propostas continuen dando resposta a moitas das inquedanzas veciñais. 

 

Descarga o programa aquí