O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Touro, Ignacio Codesido, e pola concelleira Adela Iglesias, visitou o 8 de novembro de 2022 o Restaurante Casa Taboada, en Loxo, un dos beneficiados pola orde de axudas para investimentos en equipamentos post Covid dos establecementos hostaleiros que lle permitiu renovar a seu sistema de climatización.
Gonzalo Trenor explicou que o obxectivo destas axudas, que en toda Galicia sumaron tres millóns de euros, foi “seguir colaborando na modernización das instalacións e na consecución da maior seguridade sanitaria nos establecementos hosteleiros galegos”
+ info: