Programa "Xuntos polo Nadal 2021"


Consellería de Política Social. Xunta de Galicia


Destinado ás persoas maiores que se atopen soas no Nadal, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.



Persoas beneficiarias

a. Ter 60 anos, cumpridos no momento en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
b. Estar empadroado nalgún concello galego.
c. Vivir so/soa no seu domicilio e ter que pasar so/a as datas do Nadal.
d. Valerse por si mesmo e non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio, nin trastornos mentais ou condutuais que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da estadía.
e. Estar vacinado fronte á COVID-19 segundo o calendario sanitario vixente.


Para a selección dos participantes daráselle preferencia ás persoas que:


• Perderan ao seu cónxuxe ou persoa coa que convivisen nos últimos anos.
• Teñan máis idade
• Non participaran no Programa Xuntos polo Nadal en pasadas edicións.


Prazas e destinos


Ofértanse un total de 526 prazas distribuídas do seguinte xeito:


• 246 (2 quendas de 123 solicitantes cada un) na Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense), para as persoas solicitantes das provincias de Pontevedra e Ourense.
• 280 (2 quendas de 140 solicitantes) na Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán (Pontevedra), para as persoas solicitantes das provincias de A Coruña.


Datas e servizos


Este programa levarase a cabo entre o día 22 de decembro de 2021 e o día 7 de xaneiro de 2022 en dúas quendas de 8 días cada unha (7 noites).


A primeira quenda efectuarase no período comprendido entre o 22 e o 29 de decembro e a segunda entre o 31 de decembro e o 7 de xaneiro.

O programa comprende os seguintes servizos:

• Estancia na residencia durante 8 días (7 noites).
• Aloxamento en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa. No suposto de que existise dispoñibilidade en habitacións individuais serán asignadas con preferencia aos participantes de maior idade.
• Desprazamento en autobús desde os lugares que se establezan nas localidades que corresponda (Santiago, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo ou Ourense) ata a residencia de tempo libre que se lle adxudique e viceversa.
• Actividades de animación sociocultural.


A recollida das persoas participantes efectuarase o día 22 e 31 de decembro pola tarde para cada unha das quendas e a volta o día 29 de decembro e 7 de xaneiro, respectivamente, despois do almorzo.

 

Prezo da praza


As persoas participantes asistirán de forma gratuíta ao programa.
Os gastos de desprazamento desde o domicilio dos adxudicatarios ata o lugar de saída
que se indique nas localidades de Ferrol, A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense,
Pontevedra ou Vigo e viceversa serán por conta da persoa participante.


Solicitudes

As solicitudes, acompañadas do informe social e da declaración responsable, formularase nos modelos establecidos ao efecto e estarán debidamente cubertas e
asinadas pola persoa que corresponda.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado PR004, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.


Prazo de presentación

Ata o día 15 de novembro de 2021 incluído


Documentación


As persoas ás que se lle adxudique praza terán que confirmar a súa asistencia e, no momento de incorporarse ao programa, ir provistas de:


• DNI ou pasaporte en vigor.
• Informe médico actualizado no caso de ter algunha limitación, alerxia ou enfermidade que requira de algunha atención especial (control sanitario, tratamento farmacolóxico, alimentación, accesorio de apoio, habitación individual ...etc). De non levar a acreditación da necesidade, non se lle prestará ningún tipo de atención especial.
• Tarxeta sanitaria, medicación habitual necesaria e/ou accesorios para o transcurso da estadía.
• Roupa cómoda.


Máis información

Servizos sociais do Concello

Teléfono: 981504029 Extensión 1