Hoxe abre o prazo de inscrición nos campamentos de verán da Xunta que contarán con 6.872 prazas
A proposta de actividades inclúe campamentos de verán, campos de voluntariado e, como novidade, minicampamentos de cinco días e actividades nas residencias xuvenís de Lugo e Ourense
Poderán participar mozas e mozos con necesidades especiais e ofértanse 132 prazas específicas para persoas con discapacidade de entre 11 e 40 anos
Elaborouse un protocolo específico ante a covid-19 no que se recollen medidas como a redución do aforo, o reforzo do persoal monitor e o incremento das medidas hixiénico sanitarias.