Touro acolle a 2º Reunión da Rede Galega de Innovación Agroforestal

A Casa de Cultura do Concello de Touro o 16 de xaneiro a a 2º Reunión da Rede Galega de Innovación Agrofrorestal (Afinet) organizada pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Durante a mañán os socios de Afinet expuseron as necesidades lexislativas e administrativas dos sistemas agroforestais de Galicia e abordaron as accións de mellora dos sistemas agroforestais en Galicia (aspectos técnicos, divulgativos, económicos e comerciais). Afinet promove a innovación agroforestal a través da transferencia de coñecemento entre agricultores, gandeiros, investigadores, asesores e Administracións. Afinet é unha rede temática europea integrada por 13 socios de España, Reino Unido, Bélxica, Portugal, Polonia, Hungría, Italia, Francia e Finlancia. Está coordinada pola Universidade de Santiago de Compostela.

Os presentes na Casa de Cultura de Touro abordaron as necesidades agroforestais. E demandaron unha normativa máis adaptada a cada rexión ou comarca; a adaptación de un plan de xestión agroforestal, o facilitar o movemento de terras, o recoñecemento social do traballo de gandeiro e a formación de productores e usuarios. Tamén destacaron problemas no eido agroforestal como a falta de asesoramento por parte das Administracións, a exclusión do castiñeiro nas axudas da PAC, a política de prevención de incendios  e o abandono de terras.

Afinet pretende promover a xeración de novo coñecemento e unha mellor comprensión das prácticas agroforestais, como vídas para afrontar os principais retos do sector. Para lograr o obxectivos, facilitará o acceso a resultados de investigación e identificará e difundirá información sobre boas prácticas e ideas innovadoras. Os asistentes á 2º Reunión Galega de Innovación Agroforestal visitaron xa pola tarde a plantación de Bosques Naturales en Boimorto.