A variedade faunística do concello de Touro é moi similar á que aparece no centro de Galicia. Esta fauna está influenciada por moitos factores, onde o máis determinante é o antrópico.
Así, no concello pódense atopar especies que se van clasificar en:
- VERTEBRADOS: clasifícanse en:
- Peixes: son abundantes sobre todo no río Ulla, aínda que non tanto como no pasado, debido á contaminación e á acción antrópica. Destacan especies como:
- Troita de río ( Salmo Trutta Fario)
- Anguía ( Anguilla Anguilla)
- Salmón
- Anfibios: pódense atopar no concello:
- Limpafontes ( Triturus Boscai)
- Píntega ( Salamandra Salamandra)
- Sapiño Comadrón ( Alytes Obstetricans)
- Sapo común ( Bufo Bufo)
- Ra patilonga ( Rana Iberica)
- Ra vermella ( Rana Temporaria)
- Ra verde ( Rana Perezi)
- Réptiles: representados por:
- Lagarto Arnal ( Lacerta Lepida)
- Serpe Riscada ( Elaphe Scalaris)
- Cobra de color ( Natrix Natrix)
- Cobra de auga ( Natrix Maura)
- Víbora de Seoane ( Vipera Seoanei)
- Aves: existen moitas especies distintas de aves no concello e delas destacan:
- Moucho común ( Athene Noctua)
- Perdiz (Alectoris Rufa)
- Miñato ( Buteo Buteo)
- Rula ( Streptopelia Turtur)
- Cuco ( Cuculus Canorus)
- Curuxa ( Tyto Alba)
- Bubela ( Upupa Epops)
- Andoriña común ( Hirundo Rustica)
- Merlo de río (Cinclus Cinclus)
- Merlo común ( Turdus Merula)
- Estorniño (Sturnus Unicolor)
- Corvo ( Corvus Corone)
- Mamíferos: aquí débese facer unha distinción entre os mamíferos en liberdade e os domésticos.
- Liberdade: destacan:
- Rata de campo ( Apodemus Sylvaticus)
- Ourizo Cacho ( Erinaceus Europeaus)
- Toupa ( Talpa Occidentalis)
- Morcego común ( Pipistrellus Pipistrellus)
- Lebre ( Lepus Capensis)
- Esquío ( Sciurus Vulgaris)
- Rato de campo ( Apodemus Sylvaticus)
- Teixo ( Meles Meles)
- Porco bravo ( Sus Scrofa)
- Raposo ( Vulpes Vulpes)
- Domésticos ou de Granxa: destacan:
- Abella ( Apis Mellifera)
- Galo e Galiña ( Gallus Gallus)
- Pavo ( Meleagris Gallopavo)
- Coello ( Oryctolagus Cuniculus)
- Ovella ( Ovis Aries)
- Cabalo e Besta ( Equus Asinus)
- Porco ( Sus Scrofa)
- Boi e Vaca ( Bos Taurus)
- Can ( Cannis Familiaris)
- Gato ( Felis Lybica)
- INVERTEBRADOS: superan en número ós vertebrados e teñen un papel importante no ecosistema. Destacan:
- Verme
- Caracol
- Lesma
- Araña
- Cabaliño do demo
- Mosca de auga
- Cadela frade
- Cascuda
- Pulga
- Saltón
- Grilo
- Bolboreta
- Formiga
- E un longo etc.