castelan galego


O Tempo
Rutas
Valid XHTML 1.1

proxecto cosubvencionado por:

consellería de industria
Voluntariado galego
inicio
Emprego / Desenvolvemento .:. Segundo exercicio oposición traballador/a social

Segundo exercicio oposición traballador/a social


lun, 16 de xaneiro de 2012

ACTA DE REALIZACIÓN DO SEGUNDO EXERCICIO DA OPOSICIÓN PARA CUBRIR A PRAZA DE TRABALLADOR/A SOCIAL

     Na Casa do Concello de Touro, sendo as once horas do día dezaseis de xaneiro de dous mil doce, reúnense os membros do Tribunal constituído para valorar as probas selectivas dos aspirantes a cubrir a praza de Traballador/a social do Concello, a efectos de realizar o segundo exercicio da fase de oposición, conforme ao establecido na base novena da convocatoria:

- Presidente: D. José Antonio Gómez Pedreira, Secretario do Concello.

- Secretario: D. Carlos J. Méndez-Losada Abalo, Secretario do Concello de Vedra.

- Vocais…….: Dª Sonia Seoane González, traballadora social do Concello de Trazo.

                   Dª María José Nartallo Penas, Secretaria do Concello de Trazo.

                   Dª Ana Beatriz Oveja Villafañe, Secretaria do Concello de Tordoia.

    O señor presidente declara iniciado o acto e seguidamente procédese a realizar o segundo exercicio da fase de oposición, consistente en desenvolver por escrito dous temas elixidos polo tribunal da parte específica do Anexo I das bases da convocatoria, chamando aos aspirantes que superaron o primeiro exercicio. Non comparece D.ª Beatriz Conde Casais.

    O Tribunal elixe o temas da parte específica números 13: “O Plan concentrado de prestacións básicas. Finalidade, obxectivos e prestacións” e 34: “O programa de teleasistencia domiciliaria. Obxectivos e funcións”, que os opositores deberán desenvolver  nun tempo máximo de dúas horas.

     Rematado o exercicio, o Tribunal procede a súa cualificación co seguinte resultado:

     Apelidos e nome                                                                         Puntuación

     Gutiérrez Abella, María Paz.............................................................. 16,5

     Pasgal Riedel, Patricia Liliana............................................................. 7

     Mallón Chenel, Débora...................................................................... 8

     Á vista das puntuacións obtidas e sendo o exercicio obrigatorio e de carácter eliminatorio, aproban o segundo exercicio os aspirantes seguintes:

      Apelidos e nome                                                                         Puntuación

      Gutiérrez Abella, María Paz............................................................. 16,5

     O Tribunal acorda publicar a relación de aprobados pola orde de puntuación obtida no Taboleiro de edictos e na páxina web do Concello (Sección emprego) e convocar aos aprobados para a realización do terceiro exercicio ás doce horas e trinta minutos do día 20 de xaneiro de 2012.

      O señor Presidente da por finalizado o acto sendo ás catorce horas, levantándose a presente acta que subscriben os membros do Tribunal, de que eu, Secretario, certifico.






Turístico Touro Galego V.18 from Jose Taboas Viaño on Vimeo.

escudo